Plataforma de Afectadaspola Hipoteca de Pontevedra

Inicio / Novas

Novas

Os comunicados da PAH estatal, a PAH Pontevedra na prensa e as nosas novas desde 2015.

Comunicados da PAH

Os últimos comunicados da PAH estatal, en castelán. Ábrense na súa web.

Máis comunicados recentes (21)

Arquivo: 578 comunicados desde 2009

202524
202421
202321
202221
202125
202056
201938
201855
201743
201634
201525
201437
201359
201234
201137
201033
200915

Todos os comunicados da PAH ↗

Na prensa

O que os medios contaron da PAH Pontevedra. Citas curtas e resumo noso; a nova completa está na web de cada medio.

Pontevedra Viva
Desafiuzamento · Sanxenxo · Comiso

Sentinme enganada.

B.F., afectada

Unha veciña de Sanxenxo, desaloxada da súa vivenda tras unha execución hipotecaria vinculada a un inmoble decomisado por branqueo

Pontevedra Viva recolle o caso da muller desaloxada o 2 de novembro en Sanxenxo sen resolver a súa solicitude de suspensión por vulnerabilidade. A nova resume as denuncias da PAH: o xulgado de Cambados executou o lanzamento sen ditaren auto sobre a suspensión, denegouse a vista do artigo 675 da LEC, o desaloxo estendeuse a zonas non incluídas no título de adxudicación e desbotáronse bens persoais da afectada. Recolle tamén a orixe do inmoble: foi decomisado pola Audiencia Nacional por branqueo procedente do narcotráfico en 2016 e acabou nunha poxa hipotecaria.

Público
Vivenda e turismo

Cuantos más turistas, peor calidad de vida tenemos, porque solo genera empleos precarios y problemas para acceder a la vivienda.

Dani Comas, portavoz en Mallorca

Un eclipse de contrastes: entre el impulso turístico en la España vaciada y el miedo al colapso en Balears

O eclipse do 12 de agosto de 2026 enche hoteis da España baleira, pero en Baleares a masificación turística xa está no límite: protestas veciñais, cortes de estradas e o turismo como unha das causas de que a vivenda sexa inaccesible.

O Salto
María Campuzano, portavoz da Alianza contra a Pobreza Enerxética
Foto: APE
Pobreza enerxética · In memoriam

María Campuzano, una defensora de los derechos humanos

Despedida a María Campuzano, portavoz da Alianza contra a Pobreza Enerxética e integrante de Enxeñería Sen Fronteiras, que morreu aos 44 anos. Pelexou contra os cortes de luz e auga e polas débedas das familias, pola auga pública en Cataluña e contra os abusos das grandes empresas. A Alianza naceu inspirada na PAH e no 15M, e na pandemia empurrou para ampliar a protección fronte aos cortes de subministración.

PAH
Intervención da PAH na asemblea pola vivenda, nunha sala do Parlamento Europeo en Bruxelas
Foto: PAH
Europa · Contralobby

La vivienda se ha convertido en el negocio más rentable de Europa.

A PAH en Bruxelas

La PAH llama a construir un contra-lobby ciudadano por el derecho a la vivienda en Europa

Na asemblea popular pola xustiza na vivenda, en Bruxelas, a PAH propuxo construír un contralobby cidadán: coordinación europea, presenza nas institucións sen depender de partidos e datos propios. Entre as demandas, ningún desafiuzamento sen alternativa, freo á venda masiva a fondos e socimis, expropiar vivenda baleira para alugueiro social e acabar cos privilexios fiscais dos fondos. A xornada organizárona The Left no Parlamento Europeo e a Fundación Rosa Luxemburgo: programa e gravacións.

La Voz de Galicia
Concentración da veciñanza diante do edificio de Barro, con carteis contra a Sareb
Foto: Capotillo / La Voz de Galicia
Sareb · Retracto

Non somos pobres, pero imos acabar séndoo.

Carla Carballo, veciña de Barro

Varapalo de 14.000 euros para una inquilina de Barro que pelea contra la Sareb porque su edificio fue subastado sin ella saberlo

Un edificio de Barro, embargado ao seu promotor, saíu a poxa sen que as persoas inquilinas o soubesen e acabou adxudicado á Sareb. Carla Carballo, que tiña alugado alí un baixo comercial, reclamou no xulgado o dereito de compra preferente. O Xulgado de Caldas negoullo porque se trataba dunha execución forzosa e non dunha venda voluntaria, non lle recoñeceu o dereito a seguir no local e condenouna a 14.000 euros de custas. Ía recorrer á Audiencia. A veciñanza, voceiros políticos de Barro e a PAH arroupárona: ningunha das familias quería marchar do edificio.

Faro de Vigo
Bloques de vivendas no centro de Pontevedra
Foto: Gustavo Santos / Faro de Vigo
Desafiuzamentos · Moratoria

Prácticamente todos por alquiler y no por hipoteca.

Portavoz da PAH Pontevedra, sobre os lanzamentos

Diez familias al borde del desahucio en la comarca recurren al colectivo de Afectados por la Hipoteca

Unha decena de familias da comarca estaban coa PAH para frear o seu desafiuzamento, e a plataforma atendía tamén algún caso de Vigo, que quedara sen PAH propia. A moratoria aprobada coa pandemia remataba o 31 de decembro de 2022 e temíase unha vaga de reclamacións dos caseiros. O perfil máis repetido: mulleres vítimas de violencia de xénero con fillos ao seu cargo. Faltaba vivenda social, os fondos agochábanse detrás de empresas intermediarias e a PAH escribira aos servizos sociais de máis de cincuenta concellos da provincia sen resposta. Unha compañeira perdera a casa por non pagar mes e medio de cota, e o banco seguía a reclamarlle a débeda.

Pontevedra Viva
Concentración da PAH diante dunha oficina de CaixaBank
Foto: PAH Pontevedra
Acción · CaixaBank

La Plataforma de Afectados por la Hipoteca protesta ante una sucursal de CaixaBank

Concentración diante da oficina de CaixaBank no Burgo para pedir unha saída ao caso dunha compañeira da PAH. Levaba máis dun ano pelexando: xa devolvera máis do que lle prestaran e non daba pagado máis, pero o banco queríaa vendendo a casa para saldar unha débeda pequena. A PAH propuxera unha quita e CaixaBank díxolle que non.

Faro de Vigo
María Diéguez no salón da súa casa en Barro
Foto: Rafa Vázquez / Faro de Vigo
Fondos voitre · Alugueiro social

Sobrellevar todo el tema hubiera sido imposible.

María Diéguez, veciña de Barro, sobre a axuda da PAH

María Diéguez: "Vendieron mi casa a un fondo buitre, que la explotará todo lo que pueda"

Dous anos despois da primeira entrevista, María contaba o final. Coa PAH tardou ano e medio en arrancarlle ao banco un alugueiro social de 270 euros na súa propia casa, ata maio de 2019; o banco só lle ofrecía a dación en pagamento, sen ningunha alternativa onde vivir. Pelexou mesmo baixo ameazas de levala ao xulgado. Pediu o dereito de tanteo e retracto e negáronllo, e a casa acabou vendida por 124.000 euros a un fondo voitre. Ela seguía na PAH, axudando noutros casos.

La Voz de Galicia
Fondos voitre · Alugueiro

Los efectos de los fondos buitre ya se dejan ver en Pontevedra.

Portavoz da PAH Pontevedra

Los fondos buitre sobrevuelan la ciudad

Desde 2013 a PAH parara arredor de trinta desafiuzamentos ao ano e, nese momento, ningunha familia que acudira a ela estaba en risco inmediato de quedar na rúa. A preocupación nova eran os fondos: as 23 familias dun edificio de Camiño de Ferro levaran unha suba do alugueiro do 15 % de golpe. O consello: facer forza xuntas e, se a suba non chegou por escrito con trinta días de antelación, seguir pagando o de antes, quitando a domiciliación e ingresando ti a renda. A PAH seguía ademais sete casos máis, entre eles o dunha veciña de Barro cuxa casa vendera o banco.

Diario de Pontevedra
Inquilinas e inquilinos do edificio de Camiño de Ferro
Foto: Javier Cervera-Mercadillo / Diario de Pontevedra
Alugueiro · Socimis

No tienen mucho margen.

Portavoz da PAH Pontevedra

A las socimis les interesan los inquilinos de alto nivel adquisitivo

A veciñanza dun edificio de Camiño de Ferro tiña enriba as subas de alugueiro que quería aplicar a socimi propietaria, Mistral Patrimonio Inmobiliario, que mercara o inmoble en 2017. A PAH explicaba que a estas sociedades non lles interesan os alugueiros baixos nin os sociais, e lembraba unha saída temporal: se o dono non avisou por escrito polo menos trinta días antes, o contrato prorrógase un ano nas mesmas condicións. Era o primeiro edificio da cidade nesas mans, e a PAH agardaba máis.

Universidade de Vigo
Investigación · Tese de doutoramento

El papel de la comunicación en la formación de la ciudadanía proactiva

Tese de doutoramento que estuda a PAH Vigo e o colectivo ECOAR como exemplos dos movementos sociais que xurdiron na comarca de Vigo arredor do 15M. A súa conclusión principal: como os medios tradicionais apenas lles fan caso, estes movementos dependen da súa propia comunicación, sobre todo a dixital, e de levala ben para chegar á xente e manterse vivos. Está en acceso aberto no repositorio da universidade.

Pontevedra Viva
Integrantes da PAH Pontevedra no pleno municipal
Foto: Mónica Patxot / Pontevedra Viva
Concello · Moción

La corporación se suma al frente antidesahucios de la PAH

O pleno do Concello aprobou unha moción de Marea que facía súas as cinco demandas da PAH. Votaron a favor BNG, Marea e PSdeG-PSOE; PP e Ciudadanos abstivéronse. Pontevedra declarábase cidade libre de desafiuzamentos e comprometíase a que a Policía Local non participase en ningún lanzamento no concello.

Faro de Vigo
Acción de protesta da PAH Pontevedra na rúa
Foto: Gustavo Santos / Faro de Vigo
Alugueiro · Vivenda social

En Pontevedra no las hay y en Vigo hay pocas y están ocupadas.

Portavoz da PAH Pontevedra, sobre a vivenda social

El número de afectados por impago de alquiler ya iguala al de hipotecas en la comarca

A PAH atendía 35 familias que non podían pagar a casa, un 75 % máis que a comezos de ano, e na comarca xa había tantas con problemas co alugueiro como coa hipoteca. Desde 2013 pasaran pola plataforma máis dun cento de persoas e ningunha familia chegara a ser desafiuzada. O camiño habitual era a mediación co IGVS e a axuda da Xunta ao alugueiro, de 400 a 600 euros durante ata tres anos. O problema era a falta de vivenda social, que acababa mandando familias a Vilagarcía e arrincándoas da súa vida, polo que a PAH pedía que se puxeran á súa disposición os pisos baleiros dos bancos e da Sareb. Medraban tamén as consultas polas cláusulas chan e os gastos da hipoteca.

Pontevedra Viva
Integrantes da PAH Pontevedra no Concello
Foto: Pontevedra Viva
Desafiuzamentos · Cinco demandas

Reclaman que se detenga la "sangría horrible" de los desahucios en Pontevedra

A PAH levou ao Concello as cinco demandas da campaña estatal: parar os desafiuzamentos, dación en pagamento con efecto retroactivo, alugueiro social segundo os ingresos, máis vivenda social e subministracións básicas garantidas, porque un teito sen luz, auga nin gas non chega. En 2016 parara oito desafiuzamentos na cidade, e moitos casos máis nin chegaban a ese punto porque se negociaba antes co banco. Avisaba tamén de que medraban as consultas polas cláusulas chan.

Pontevedra Viva
A PAH Pontevedra entrega o seu escrito na Subdelegación do Goberno
Foto: Pontevedra Viva
Hipoteca · Cláusulas chan

En Pontevedra a la gente le cuesta asumir que es pobre, prefieren entregar la vivienda a luchar por ella.

PAH Pontevedra

A PAH Pontevedra entregou na Subdelegación do Goberno un escrito dirixido a Rajoy: compensación para as familias vítimas da lexislación hipotecaria tras as sentenzas europeas e as cláusulas chan, e reforma da Lei de Arrendamentos Urbanos. Polo menos vinte familias da cidade estaban en risco de perder a casa, e moitas que entregan o piso seguen debendo ao banco.

Faro de Vigo
Acampada · ABANCA

Si el banco se quedó con mi piso, ¿por qué me reclama 17.000 euros a mayores?

Leticia Aguín, veciña de Dena (Meaño)

Leticia levaba 32 días acampada coa PAH diante da oficina de ABANCA en Portonovo. O banco quedara coa súa vivenda, pero seguía reclamándolle case 17.000 euros do préstamo ponte e embargara a un avalista. Na negociación só aceptaran baixar o alugueiro social de 180 a 90 euros, sen tocar a débeda. O lanzamento estaba parado pola Lei 1/2013. A acampada seguía, con quendas as 24 horas, e esa tarde había cacerolada.

Tino Hermida (Arousa, páx. 16)Edición impresa
Faro de Vigo
Desobediencia civil · Lei 24/2015

Los bancos lo que quieren es tu casa y quedarse con la deuda.

Portavoz da PAH Pontevedra

La PAH de Pontevedra aboga por la unión social

A PAH pedía un movemento social unido e máis conciencia, fronte a quen compra as casas das familias desafiuzadas como negocio. A súa demanda principal era a dación en pagamento con efecto retroactivo, un alugueiro social para quen se hipotecou e a condonación da débeda. A asemblea decidira seguir con accións visibles e de desobediencia civil, en contacto coas outras 236 PAH do Estado, e pelexaba para que a lei catalá 24/2015, que garante o realoxo e obriga a banca a ofrecer alugueiro social, chegase tamén a Galicia.

Faro de Vigo
Desafiuzamentos · Sareb

Actualmente, tenemos a once familias en proceso de ejecución hipotecaria.

PAH Pontevedra

La provincia registró 1.072 desahucios como consecuencia de impagos el año pasado

Cos datos do Poder Xudicial de 2015: 1.072 desafiuzamentos por impagamentos na provincia e 2.432 lanzamentos en toda Galicia. A PAH Pontevedra atendera 72 familias ese ano e no primeiro trimestre de 2016 parara dous desafiuzamentos. A nova recollía tamén o mapa da campaña #LaSAREBesNuestra: 33 vivendas da Sareb na comarca, 16 delas na cidade, 7 en Sanxenxo, 4 en Marín, 3 en Moraña, 2 en Poio e 1 na Lama.

Ana López (Arousa, páx. 9)Edición impresa
Faro de Vigo
Hipoteca · IRPH

Desde que estoy con la PAH, estoy guerrera. Antes estaba llorando todo el día.

Leticia Aguín, veciña de Meaño

Leticia Aguín: madre de dos menores, lucha por que le condonen la deuda de su piso y se le asigne un alquiler social

Nai separada con dous fillos e 590 euros de ingresos. Comprara unha vivenda de protección oficial cunha hipoteca e un préstamo ponte; en 2013 perdeu un dos seus dous traballos e xa non deu pagado. A hipoteca ía referenciada ao IRPH, que a PAH consideraba ilegal nunha VPO. O banco presionaba con chamadas a ela e aos avalistas. A PAH pedía a dación en pagamento, un alugueiro social na mesma casa e a condonación da débeda.

A. L. (Arousa, páx. 9)Edición impresa
Faro de Vigo
Hipoteca · Dación

Ahora cuento también con una familia nueva, que es la PAH.

María Diéguez, veciña de Barro

María Diéguez: "Te sientes engañada, frustrada, violada"

Divorciada e cunha filla de oito anos, pagaba dúas hipotecas que sumaban a metade do seu soldo despois de que o seu ex deixase de pagar a súa parte. Asinara pensando que ían referenciadas ao Euríbor e resultaron ser IRPH. Coa PAH pediu por escrito a dación en pagamento polo Código de Boas Prácticas e un alugueiro social que puidese pagar, para seguir vivindo en Barro coa súa filla.

A. L.Edición impresa
Faro de Vigo
O portavoz da PAH Pontevedra
Foto: Gustavo Santos / Faro de Vigo
Desafiuzamentos · Lei 24/2015

Todo va a peor, cada vez nos llegan más familias pidiendo ayuda.

PAH Pontevedra

"En Pontevedra nos llegan cada semana 2 familias que no pueden pagar el piso y el banco las acosa"

Entrevista durante a concentración diante da sede do PP contra o intento de tombar a Lei catalá 24/2015 de emerxencia habitacional. A PAH pedía estendela a Galicia: realoxo garantido, aluguer social nos pisos da Sareb e dos bancos, fin dos cortes de luz e un parque público de vivenda. En Galicia calculábanse unhas 3.400 familias afectadas.

La Voz de Pontevedra
Vitorias · Negociación

Siempre conseguimos algo. Sí se puede es nuestro lema, y es cierto.

Presidente da PAH Pontevedra

Una plataforma logra solución para treinta procesos de desahucio en el 2013

A PAH Pontevedra, que xuntaba daquela a medio centenar de persoas, a maioría con execucións hipotecarias, atopou saída a unha trintena de casos en 2013: poxas e desafiuzamentos parados, alugueiros sociais, rebaixas de cota, dacións en pagamento e condonacións de débeda. A clave era non ir nunca só ao banco e negociar co responsable rexional, apoiándose en accións nas sucursais como pitadas ou colas para abrir libretas cun euro.

María CondeEdición impresa
Diario de Pontevedra
Hipoteca · Demanda conxunta

Individualmente no sería posible.

PAH Pontevedra

La Plataforma de Afectados por las Hipotecas presentará una demanda conjunta de más de 50 perjudicados

O fiscal superior de Galicia comprometeuse a apoiar demandas conxuntas de entre 50 e 100 persoas afectadas por execucións hipotecarias ou desafiuzamentos, para abaratar uns custos que ninguén podería asumir só. A PAH, que xa conseguira dous alugueiros sociais, anunciaba reunións informativas cada quince días e presión aos bancos para negociar daciones en pago.

Pontevedra Viva
Así empezamos

La Plataforma de Afectados por la Hipoteca se constituye en Pontevedra para seguir los pasos de los preferentistas

O nacemento da PAH Pontevedra. Presentouse con máis de 40 persoas e a concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces, coa primeira asemblea prevista para setembro. O obxectivo: axudar ás familias con cotas atrasadas ou avisos de desafiuzamento, conseguir alugueiros sociais para os casos máis graves e presionar aos bancos como fixeran os afectados polas preferentes. Na provincia tramitábanse daquela uns dez desafiuzamentos ao día.

Diario de Pontevedra
Hipoteca · Xulgados

Nadie firma una hipoteca si sabe que no va a poder pagarla.

PAH Pontevedra

Afectados por la hipoteca solicitan la colaboración de los jueces

A PAH Pontevedra presentou no xulgado da Parda unha solicitude para que xuíces e persoal dos xulgados puidesen acollerse á obxección de conciencia nos casos de impagamento hipotecario. Tamén ofrecía asesoramento xurídico e psicolóxico de balde e preparaba demandas colectivas para que os bancos non presionasen a cada familia por separado.

Novas da PAH Pontevedra

2026

2025

2023

2018

2017

2016

2015

WhatsApp