Plataforma de Afectadaspola Hipoteca de Pontevedra
← Todas as novas

COMUNICADOS, MORATORIA

O PP e JUNTS dannos á cidadanía unha “patada no cu” para seguir desafiuzando

· Publicado orixinalmente no blog da PAH Pontevedra. A información legal desta entrada pode estar desactualizada.

PP e Junts anunciaron que darán unha patada ao goberno, pero dana “no cu” de familias que, como é obvio, non nos atopamos entre as preocupacións destes partidos anti-persoas, anti-dereitos humanos e prol-especulación fascistas e, por suposto, xunto aos seus socios da ultradereita racista, fascista e clasista de Vox.

Caerá, entre outras cousas, a protección fronte aos desafiuzamentos que aínda que insuficiente evitou 58.000 desafiuzamentos en catro anos. Sen esta protección as cifras volverán ás da década do 2010, cunha media por encima dos 250 desafiuzamentos diarios.

Non nos sorprende a decisión das dereitas, sempre preocupadas por favorecer aos especuladores e a todos os responsables de beneficiarse á conta da nosa miseria, grazas á economía vampírica que defenden e promoven. Aínda isto poderíase evitar, se o goberno incluíse na lei de vivenda o alugueiro social obrigatorio previo ao desafiuzamento, que desde A PAH reclamámoslle; ou as medidas do escudo social fosen estruturais, como levamos esixindo hai anos. Cando o TC tombou a lei catalá que garantía os alugueiros sociais por un tema de competencias xa denunciamos e avisamos ao Goberno que se puxese as pilas de maneira urxente para lexislar esa obrigatoriedade a nivel estatal.

Desde A PAH esiximos ao goberno que adopte de inmediato as medidas que procedan, para evitar danos e sufrimentos incalculables ás familias, vítimas dun sistema absolutamente inxusto; así como do incumprimento do Dereito Humano á vivenda, incumprimento que afecta a todos os poderes públicos sen excepción.

Seguiremos empuxando para acabar coa mercantilización da vivenda e para ampliar as propostas do goberno e que dunha vez por todas solucionen a emerxencia habitacional, que xa se cobrou máis dun millón de desafiuzamentos.

Basta de anuncios propagandísticos e de papel mollado. Basta de parches, menos televisión e máis efectividade na emerxencia habitacional.

Facemos unha chamada á acción para mobilizarse fronte ás sedes dos partidos culpables en todos os pobos e cidades.

Iremos listando aquí as mobilizacións:
Barcelona: 23 de xaneiro ás 17:30hs fronte a sede de JuntsxCat – Passatge Bofill, 11

← Todas as novas
WhatsApp