Plataforma de Afectadaspola Hipoteca de Pontevedra

Inicio / Privacidade e aviso legal

Privacidade

Privacidade e aviso legal

Que facemos cos datos que nos mandas, en poucas palabras.

Quen somos

Esta web é da PAH Pontevedra, a asemblea de Pontevedra da Plataforma de Afectadas pola Hipoteca, un movemento cidadán apartidario e sen ánimo de lucro. Contacto: pahdepontevedra@gmail.com.

Os datos que nos mandas

Esta web non ten formularios nin rexistro. Só sabemos de ti o que ti decidas contarnos por correo ou por WhatsApp.

  • Para que: só para responderche, orientarte e, se queres, darche data para a asemblea.
  • Quen o le: as persoas voluntarias da PAH Pontevedra que atenden o correo e o WhatsApp.
  • Con quen o compartimos: con ninguén, salvo que ti nolo pidas (por exemplo, para que unha avogada mire o teu caso).
  • Canto tempo: o que dure a túa consulta. Despois borrámolo.
Un consello:non nos mandes de entrada documentos completos con datos de terceiras persoas (DNI, nóminas, sentenzas). Cóntanos o caso por enriba e, se fai falta, xa os vemos en persoa.

Os teus dereitos

Podes pedirnos en calquera momento que che digamos que datos teus temos, que os corrixamos ou que os borremos, escribindo a pahdepontevedra@gmail.com. Se cres que non o fixemos ben, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos.

Cookies e estatísticas

Esta web non usa cookies. Para saber cantas persoas a visitan e que páxinas se len usamos GoatCounter, un contador que non garda cookies nin datos persoais. O servidor da web (Netlify) rexistra datos técnicos como o enderezo IP por seguridade. As ligazóns a Facebook, Instagram, WhatsApp ou YouTube levan a esas plataformas, que teñen as súas propias normas.

Aviso legal

A información desta web é orientativa e non substitúe o asesoramento dunha avogada no teu caso concreto. As leis cambian a miúdo: revisamos os contidos, pero pode haber algo desactualizado. Se o ves, avísanos.

Os contidos propios están baixo licenza Creative Commons BY-NC 4.0: podes copialos e compartilos citando á PAH Pontevedra e sen fins comerciais. Os documentos doutras persoas ou entidades manteñen a súa licenza, que se indica en cada un.

WhatsApp