Apoio mutuo
Un sitio onde contar o que che pasa sen vergoña. Aquí hai xente que xa pasou polo mesmo e saíu adiante.
PAH Pontevedra
Non estás soa. Hipoteca, alugueiro ou desafiuzamento: traballámolo en colectivo, na asemblea. É de balde: escríbenos e dámosche data.
En vigor desde o 8 de outubro. Se te demandan por non poder pagar o alugueiro e es vulnerable, a Administración ten 2 meses para darche outra vivenda ou pagar a débeda, sexa quen sexa o caseiro; se non o fai, non hai desafiuzamento. Fronte a fondos e outros grandes propietarios, o xuíz pode parar o desafiuzamento ata 2030. Tamén serve se xa tes data de lanzamento.
Ollo: está pendente de convalidación e pode caer. Pídeo por escrito no xulgado canto antes.
Todo sobre o decreto, explicado →Por onde empezo
Escolle o que máis se parece á túa situación e lévasche directamente ao que tes que saber.
Que atoparás na PAH
A PAH naceu en Barcelona en 2009 e hoxe ten asembleas en todo o Estado. En Pontevedra xuntámonos persoas afectadas e solidarias para parar desafiuzamentos e defender o dereito á vivenda. Quen somos.
Un sitio onde contar o que che pasa sen vergoña. Aquí hai xente que xa pasou polo mesmo e saíu adiante.
Estudamos cada caso na asemblea, entre todas. Aprendes a defenderte e o que aprendes serve para o seguinte.
Negociación con bancos e fondos, acompañamento aos servizos sociais e aos xulgados, e Stop Desafiuzamentos cando cómpre.
Primeiros pasos
Respira. Hai marxe para defenderse, pero os prazos corren desde o día en que recibes a notificación.
Apunta o día en que che notificaron. Nunha demanda de desafiuzamento o prazo para responder adoita ser de 10 días hábiles. Non o deixes no caixón.
Se os teus ingresos son baixos, tes dereito a xustiza gratuíta. Solicítaa canto antes no Colexio da Avogacía de Pontevedra e comunícallo ao xulgado.
Nin acordos co banco, nin entregas de chaves, nin papeis que che traian á casa. Primeiro vémolo na asemblea.
Pide un informe de vulnerabilidade no teu concello. É a proba clave para pedir a suspensión do desafiuzamento e unha alternativa habitacional.
Trae toda a documentación que teñas. Canto antes veñas, máis opcións hai.
Esta información é orientativa e non substitúe o asesoramento dunha avogada no teu caso concreto.
Para a túa primeira asemblea
Como funciona
Chegas e preséntaste. Non fai falta avisar. Séntaste no círculo co resto de compañeiras.
Contas o teu caso. Con calma e cos teus papeis diante. Entre todas vemos que opcións hai e que paso toca dar.
Saes con tarefas. Un escrito, unha cita, unha chamada. E volves á seguinte asemblea para contar como foi.
Quedas. Cando o teu caso se resolve, a túa experiencia axuda á seguinte persoa que entra pola porta.
Recursos
Modelos de escritos e guías da PAH, ordenados segundo a túa situación. Úsaos coa asemblea, non en solitario.
Contacto
Escríbenos por correo ou WhatsApp e dirémosche a data da próxima asemblea. Por mensaxe non resolvemos casos: a asesoría é na asemblea, en persoa e en colectivo.