Plataforma de Afectadaspola Hipoteca de Pontevedra

Inicio / Rede pola vivenda

Rede

Rede pola vivenda

Outras asembleas e colectivos pola vivenda en Galicia, e os servizos públicos que che poden axudar.

A PAH Pontevedra é, a día de hoxe, a única asemblea da PAH en Galicia que figura no directorio da PAH estatal. Por iso atendemos a xente de toda a provincia e máis alá. Pero non estamos soas: hai cada vez máis colectivos pola vivenda en Galicia.

Colectivos pola vivenda en Galicia

En Galicia somos poucas pero cada vez máis. Non todas nos chamamos igual nin traballamos igual: a PAH naceu coas hipotecas e cos desafiuzamentos, e os sindicatos de inquilinas e de vivenda organízanse sobre todo arredor do alugueiro, por bloques e por barrios. Pero a loita é a mesma, e moitas veces imos xuntas á rúa. Se vives preto dalgún destes colectivos, achégate: canto máis cerca da túa casa, mellor.

PontevedraColectivo pola Vivenda de Pontevedra

Naceu en outubro de 2026 tras a manifestación e a acampada. Traballa en grupos sobre alugueiro, vivenda pública, pisos turísticos e baleiros.

Ler a nova
PontevedraAcampada pola Vivenda

Asemblea veciñal que acampou na Alameda desde o 8 de outubro de 2026.

@acampada.pontevedra ↗
Vigo · Tui · Baixo MiñoSindicato de Inquilinas de Vigo

É a nosa familia máis próxima: naceu da PAH Vigo-Tui-Baixo Miño cando o problema pasou das hipotecas aos alugueiros. Fai unha asemblea de inquilinas cada mes e obradoiros sobre a lei de alugueiros. Correo: info@sindicatoinquilinasvigo.org.

sindicatoinquilinasvigo.org ↗
VigoAlianza pola Vivenda de Vigo

Rede que xunta o Sindicato de Inquilinas, o Foro Socioeducativo As Ninguéns e outros colectivos da cidade. Convocou as mobilizacións de setembro de 2026.

El Salto ↗
SantiagoSindicato de Vivenda de Compostela

Impulsou a acampada na estación intermodal e fai asembleas abertas na Alameda, no palco da música.

El Salto ↗
A CoruñaSindicato de Vivenda da Coruña

Naceu como sindicato de barrio da Falperra-Os Mallos. Fai asembleas de benvida e de casos no local da Revolteira (rúa Falperra, 13). Correo: sindi@revolteira.gal.

revolteira.gal/sindi ↗

Stop Desafiuzamentos noutras cidades

Son plataformas veciñais contra os desafiuzamentos, irmás da PAH, que acompañan casos e paran lanzamentos na súa cidade. Os contactos son os que publican nas súas redes; algunhas levan tempo con pouca actividade, así que chama ou escribe antes de ir.

A CoruñaStop Desafiuzamentos A Coruña

Teléfono 617 829 547 · desahucios.coruna@gmail.com. Fixo actos no Fórum Propolis (rúa Barcelona, 115). O seu blog non publica desde 2020: escribe antes de ir.

Facebook ↗
LugoPAH Stop Desafiuzamentos Lugo

Teléfono 657 774 623 · pahstopdesahucioslugo@gmail.com.

Facebook ↗
OurenseStop Desafiuzamentos Ourense

Teléfono 620 128 963 · stopdesahuciosourense@gmail.com. Autoxestionada.

Facebook ↗
SantiagoStop Desahucios Compostela

Apoio a persoas pendentes de desafiuzamento. Teléfono 698 111 458.

Facebook ↗

Coñeces outro colectivo pola vivenda en Galicia, ou algún destes datos cambiou? Avísanos e engadímolo.

A PAH no resto do Estado

Se vives fóra de Galicia, busca a túa asemblea máis próxima no directorio da PAH estatal ↗. Se non hai ningunha preto, escríbenos igualmente e orientámoste.

Servizos públicos que che poden facer falta

O primeiro paso case sempre son os servizos sociais do teu concello: tes o enderezo e o teléfono dos 61 concellos da provincia en Servizos sociais. E se necesitas axuda con comida, roupa, saúde, papeis ou adiccións, mira a nosa Rede de apoio en Pontevedra.

  • Servizos sociais do teu concello: o informe de vulnerabilidade, o papel que máis pesa para parar un desafiuzamento.
  • Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) ↗: depósito das fianzas, Bono de Alugueiro Social e vivenda pública da Xunta.
  • Xustiza gratuíta: pídese en liña na sede da Xunta (PR204A) ↗, na oficina da Xunta en Pontevedra (rúa Fernández Ladreda, 43, 9º; 986 805 370), no Colexio da Avogacía ou no xulgado. Como se pide.
  • Consumo: a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) do teu concello ou o Instituto Galego do Consumo e da Competencia, para reclamar a inmobiliarias.

Datos nos que nos fiamos

Cando falamos de prezos de alugueiro ou de cantas vivendas hai baleiras, non usamos os estudos de portais inmobiliarios, axencias, taxadoras nin asociacións de caseiros. Non porque mintan sempre, senón porque viven de vender e alugar pisos, e iso nótase no que contan: miden o que se pide nos anuncios, non o que se paga de verdade. Estas son as fontes que usamos nós, e que che recomendamos se queres comprobar un dato:

WhatsApp