Manual do alugueiro en Galicia
O manual para calquera que viva de alugueiro en Galicia ou estea a piques de asinar un contrato: que leis se aplican, quen pode ser o teu caseiro, que tipos de contrato existen e os problemas que máis chegan á asemblea, co que di a lei e o que se pode facer en cada caso.
Inclúe un capítulo sobre os problemas do caseiro: coñecer o que pode reclamar, e como, axuda a saber cando tes razón e a negociar antes de que o problema chegue ao xulgado. Tamén desmonta varios erros que circulan por internet.
Descargar o manual (PDF) ↓Que inclúe
- IAs normas: que leis se aplican
- IIQuen aluga: tipos de caseiros
- IIITipos de alugueiro: habitual, temporal, por cuartos, turístico e con opción de compra
- IVProblemas da inquilina: fianza, reparacións, subas, entradas sen permiso e acoso
- VProblemas do caseiro: impagamentos, desperfectos, fin de contrato e subarrendamento
- VIConsulta rápida: cifras, prazos, modelos e fontes
Datos a 18 de outubro de 2026. Licenza Creative Commons BY-NC-SA 4.0: pódese copiar, compartir e adaptar citando á PAH, sen fins comerciais. Non substitúe o asesoramento dunha avogada.