Plataforma de Afectadaspola Hipoteca de Pontevedra

Inicio / Publicacións

Publicacións

Informes, guías e vídeos para entender a túa situación e defenderte. Podes descargalos e compartilos.

Informes

O máis recente

PAH · Outubro 2026 · 39 páxinas · PDF en castelán

Manual do alugueiro en Galicia

O manual para calquera que viva de alugueiro en Galicia ou estea a piques de asinar un contrato: que leis se aplican, quen pode ser o teu caseiro, que tipos de contrato existen e os problemas que máis chegan á asemblea, co que di a lei e o que se pode facer en cada caso.

Inclúe un capítulo sobre os problemas do caseiro: coñecer o que pode reclamar, e como, axuda a saber cando tes razón e a negociar antes de que o problema chegue ao xulgado. Tamén desmonta varios erros que circulan por internet.

Descargar o manual (PDF) ↓

Que inclúe

  1. IAs normas: que leis se aplican
  2. IIQuen aluga: tipos de caseiros
  3. IIITipos de alugueiro: habitual, temporal, por cuartos, turístico e con opción de compra
  4. IVProblemas da inquilina: fianza, reparacións, subas, entradas sen permiso e acoso
  5. VProblemas do caseiro: impagamentos, desperfectos, fin de contrato e subarrendamento
  6. VIConsulta rápida: cifras, prazos, modelos e fontes

Datos a 18 de outubro de 2026. Licenza Creative Commons BY-NC-SA 4.0: pódese copiar, compartir e adaptar citando á PAH, sen fins comerciais. Non substitúe o asesoramento dunha avogada.

Libros

Para entender a PAH

Libro · 2012 · 240 páxinas · PDF en castelán

Vidas hipotecadas

Da burbulla inmobiliaria ao dereito á vivenda

O libro que conta, desde dentro, como naceu a PAH. Ada Colau e Adrià Alemany explican como se inchou a burbulla inmobiliaria, por que tantas familias quedaron atrapadas cunha débeda de por vida e como as asembleas, a desobediencia pacífica e a Iniciativa Lexislativa Popular pola dación en pagamento convertiron un problema que se vivía en soidade nunha loita colectiva.

Escrito en 2012, cando as leis eran moito peores ca hoxe, segue sendo a mellor maneira de entender de onde vimos e por que a PAH funciona como funciona.

Descargar o libro (PDF) ↓

Ada Colau e Adrià Alemany. Prólogos de Gerard Pisarello e José Coy. Traducido do catalán por Mariano Veloy. Cuadrilátero de Libros / Angle Editorial, 2012. Licenza Creative Commons BY-NC-ND 3.0: pódese compartir citando aos autores, sen fins comerciais e sen modificalo.

Guías da PAH

Para descargar

Os Libros Verdes son de 2020 e están en castelán: o básico segue a servir, pero as leis cambiaron desde entón. Para o máis recente, mira Hipoteca e Alugueiro e ocupación.

Libro Verde · 2020

Hipoteca

A guía básica da PAH sobre as fases da execución hipotecaria e que facer en cada momento.

Descargar PDF
Libro Verde · 2020

Alugueiro

O proceso de desafiuzamento por alugueiro e as pautas básicas para defenderte como inquilina.

Descargar PDF
Libro Verde · 2020

Ocupación

Consellos e indicacións se vives nunha vivenda sen título ou te ves abocada a iso.

Descargar PDF
PAH · 2026

Manual do alugueiro en Galicia

Normas, caseiros, contratos, fianza, reparacións, subas e desafiuzamentos: o que precisas saber se vives de alugueiro en Galicia (en castelán).

Descargar PDF
PAH estatal

Manual da Obra Social

O manual de desobediencia civil da Obra Social da PAH.

Abrir ↗
PAH estatal · 2026

Modelos RDL 29/2026

Escritos para pedir a suspensión do desafiuzamento co novo decreto, segundo o tipo de propietario.

Abrir ↗

Para ver

Vídeos e documentais

Tes un estudo, un informe ou un vídeo sobre vivenda en Pontevedra?Mándanolo a pahdepontevedra@gmail.com ou por WhatsApp e publicámolo aquí.
WhatsApp