Plataforma de Afectadaspola Hipoteca de Pontevedra
← Todas as novas

MORATORIA

O Goberno prorroga a suspensión dos desafiuzamentos

· Publicado orixinalmente no blog da PAH Pontevedra. A información legal desta entrada pode estar desactualizada.

O Boletín Oficial do Estado, BOE, deste xoves 29 de xuño, o real decreto de medidas anticrise no que amplía ata o 31 de decembro de 2022 a suspensión dos desafiuzamentos e lanzamentos de fogares vulnerables económica e socialmente da súa vivenda habitual.

Tamén prevese a extensión do prazo ata o 31 de Xaneiro para que os arrendadores e titulares de vivenda afectados pola suspensión extraordinaria prevista na Real Decreto-lei 11/2020, presenten a solicitude de compensación prevista na disposición adicional segunda da Real Decreto-lei 37/2020.

A medida onde que amplía a suspensión dos desafiuzamentos, sinala que tamén se valorará a presenza de persoas dependentes, vítimas de violencia de xénero ou menores de idade nestes fogares afectados que non teñan contrato de arrendamento. O xuíz pode suspender o lanzamento da vivenda se os titulares dos inmobles teñen 10 ou máis inmobles, valorando a situación de vulnerabilidade. Para que as persoas arrendatarias dunha vivenda poidan pedir a suspensión extraordinaria de desafiuzamento perante o xulgado, débese de en conta a extrema necesidade dos arrendatarios, que se valorará mediante un informe dos servizos sociais, e a súa cooperación coa administración.

Tamén se mantén a garantía de subministración de auga e enerxía a consumidores vulnerables ata o 31 de decembro de 2023 inclusive, non poderá suspenderse a subministración de enerxía eléctrica, gas natural e auga a aqueles consumidores nos que concorra a condición de consumidor vulnerable, vulnerable severo ou en risco de exclusión social definidas nos artigos 3 e 4 do Real Decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos.

O pasado 24 de maio aprobouse a Lei polo dereito á vivenda, 12/2023, que contempla que non se pode executar ningún desafiuzamento de familia vulnerable sen que o gran propietario (máis de 10 vivendas) pase por unha intermediación obrigatoria coa administración pública. Por iso, desde os xulgados débense inadmitir todas as novas demandas e suspender os procedementos de desafiuzamento en curso que cumpran os seguintes requisitos: que o gran propietario teña máis de 10 vivendas, que se trate de vivenda habitual e que a familia sexa vulnerable, é dicir, que os seus ingresos sexan 3 IPREM ou cumpran os criterios da moratoria estatal, para os casos de falta de pagamento de hipoteca, falta de pagamento de alugueiro ou finalización de contrato; e nos casos de ocupación que se demanden pola vía civil. Para levar a cabo esta intermediación, as comunidades autónomas deben lexislar como será esta intermediación.

Dende a PAH xa analizamos a Lei e cremos que os mecanismos que se propoñen para paralizar desafiuzamentos non son valentes nin dan resposta aos desafiuzamentos. Por este motivo, instamos a buscar solucións reais para os miles de familias que non puideron continuar pagando a súa hipoteca ou o seu alugueiro, ou que nun futuro ven que se poden enfrontar a un desafiuzamento.

Seguiremos batallando polo dereito á vivenda e esixindo Stopdesahucios!

← Todas as novas
WhatsApp