Recursos, Hipoteca
Se non podes pagar a hipoteca: a guía, posta ao día

O Libro Verde da hipoteca da PAH segue a ser un clásico, pero é de 2020. Desde entón cambiou o Código de Boas Prácticas, reformouse a segunda oportunidade, chegou a lei de vivenda, o Constitucional anulou partes dela, cambiaron as regras da subasta e en outubro aprobouse o decreto 29/2026. Demasiadas cousas para seguir dicindo «o básico segue a servir».
Así que fixemos unha guía nova, co BOE consolidado diante: Se non podes pagar a hipoteca. Guía 2026.
Catro cousas que convén saber canto antes
- O Código de Boas Prácticas non é un favor do banco. Se está adherido e cumpres os requisitos, ten que aplicalo. En 2026 o límite de ingresos é de 25.200 euros ao ano para toda a familia, e máis se hai discapacidade.
- Hai prazos que pechan portas. Cando se anuncia a subasta, xa non podes pedir a reestruturación nin a dación do Código.
- O banco non pode reclamar todo por unha cuota. Fan falta 12 ou 15 cuotas sen pagar, segundo a idade do préstamo, e un requirimento cun mes de marxe.
- A débeda que queda pódese reducir. Se perdes a vivenda habitual, quedas libre pagando o 65 % do que quede en cinco anos, ou o 80 % en dez.
Para lela con calma
Doce páxinas en galego e en castelán, para descargar en PDF, en orde: desde que ves que non chegas ata o día do lanzamento. Ao final hai un anexo cos artigos para a túa avogada e a lista dos modelos que tes na web.
E o máis importante non vén na lei: non o leves soa. Ven á asemblea antes de asinar nada.