Plataforma de Afectadaspola Hipoteca de Pontevedra

Inicio / Rede de apoio en Pontevedra

Rede de apoio

Rede de apoio en Pontevedra

Asociacións e servizos que poden botarche unha man con comida, saúde, papeis, adiccións ou violencia, mentres loitamos pola túa casa.

Cando chega un desafiuzamento, case nunca chega só. Detrás adoitan vir a nevera baleira, o paro, unha separación, unha enfermidade, os papeis que non chegan. Na PAH loitamos pola vivenda, pero sabemos que ninguén se sostén só cunha cousa. Estas son asociacións e servizos de Pontevedra que poden axudarte noutras frontes mentres pelexamos xuntas pola túa casa.

Primeiro, os servizos sociais.Se aínda non fuches, pide cita nos servizos sociais do teu concello. Son a porta de entrada a case todas as axudas, e o informe de vulnerabilidade que fan é o papel que máis pesa para parar un desafiuzamento.

Comida, roupa e necesidades básicas

Cáritas Interparroquial

Acollida, traballo social, roupeiro e albergue.

Rúa Joaquín Costa, 64, baixo

caritas.es ↗
Banco de Alimentos de Pontevedra

Recolle e reparte alimentos a través das entidades sociais da cidade.

Rúa Faustino Santalices, 2

Cruz Vermella

Apoio social, saúde, emerxencias e voluntariado.

Rúa Cruz Vermella, 26 (esquina Padre Gaite)

cruzvermella.gal ↗
Fundación Amigos de Galicia

Loita contra a pobreza: necesidades básicas e inserción laboral.

Rúa Benito Corbal, 47, 3º (edificio da Xunta) · WhatsApp 661 777 352

fundacionamigosdegalicia.org ↗
Asdegal · Acción Solidaria de Galicia

Voluntariado e apoio a persoas en situación desfavorecida.

Rúa Benito Corbal, 47, 4º, local 10 · WhatsApp 604 082 707

asdegal.org ↗
Asociación Rexurdir Provincial

Axuda a persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social.

Rúa Cruceiro, 17 A, baixo

rexurdir.wixsite.com ↗
Boa Vida

Formación e acompañamento para reducir desigualdades.

Rúa Seca, 3

boavida.org ↗

Persoas migrantes e xitanas

AMIGA · Asociación de Migrantes de Galicia

Inclusión sociolaboral de persoas migrantes e loita contra a pobreza.

Rúa Sor Lucía, 4 (Casa Azul)

amiga.gal ↗
Fundación Secretariado Xitano

Promoción da comunidade xitana e atención a vítimas de discriminación.

Rúa Campo da Torre, 20

gitanos.org ↗

Mulleres, infancia e familias

Teléfono da Muller (Xunta)

Servizo de 24 horas: violencia de xénero, separacións, casas de acollida.

Tamén o 016, gratuíto e que non deixa rastro na factura

igualdade.xunta.gal ↗
Fundación Meniños · Programa de Atención Familiar

Protección da infancia: reunificación familiar, acollementos e terapia familiar.

Rúa Sor Lucía, 2, 3º (Casa Azul)

fundacionmeninos.wordpress.com ↗
Punto de Encontro Familiar

Espazo para cumprir os réximes de visitas e coidar a relación dos menores coas súas familias.

Avenida de Vigo, 16 (edificio de Sanidade)

Adiccións

Unidade Asistencial de Drogodependencias e Plan Municipal de Condutas Aditivas

Atención confidencial e voluntaria: drogas, alcol, tabaco, xogo e outras adiccións. Tamén orientan ás familias.

Praza de Valentín García Escudero, 1, baixo

pontevedra.gal ↗
Alcohólicos Anónimos · Grupo El Peregrino

Grupo de axuda mutua fronte ao alcoholismo.

Rúa Sor Lucía, 2 (Casa Azul), 3º, aula 4 · WhatsApp 646 645 119

alcoholicos-anonimos.org ↗
Asociación de Alcohólicos Rehabilitados

Reunións os luns e os mércores.

Rúa Reino Unido, 12, baixo (Monteporreiro) · WhatsApp 630 491 408

Discapacidade e saúde

Cogami · Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

Información, emprego, transporte adaptado e fisioterapia.

Rúa Cruz Vermella, 16, baixo

cogami.gal ↗
Amizade · Asociación de Persoas con Discapacidade

Inclusión, formación e apoio ás familias. Está en Monteporreiro, a dous pasos da nosa asemblea.

Rúa de Alemaña, 23, baixo (Monteporreiro)

asociacionamizade.org ↗
Amencer Aspace

Familias de persoas con parálise cerebral: atención temperá, terapias e apoio familiar.

Avenida das Camelias, s/n (Lourizán)

amencer-aspace.org ↗
Asociación Juan XXIII

Promoción e formación de persoas con discapacidade intelectual, e acceso ao emprego.

Avenida Eduardo Blanco Amor, 66

asociacionjuanxxiii.org ↗
Xuntos · Down Pontevedra

Autonomía persoal para persoas con síndrome de Down ou discapacidade intelectual.

Rúa Gorgullón, 41, baixo

downxuntos.org ↗
APXP · Asociación de Persoas Xordas de Pontevedra

Defensa das persoas xordas e da lingua de signos.

Rúa Benito Corbal, 45, 3º, despacho 12 · WhatsApp 645 587 903

faxpg.es ↗
Xoga · Organización de Diversidade Sensorial de Galicia

Persoas xordas, xordocegas ou con perda auditiva e as súas familias.

Rúa Sor Lucía, 2, 3º (Casa Azul) · WhatsApp 698 147 917

organizacionxoga.org ↗
ONCE

Autonomía e integración de persoas cegas ou con deficiencia visual.

Rúa Augusto González Besada, 15, baixo

once.es ↗
ADAHPO

Familias e persoas con TDAH: apoio educativo e orientación.

Rúa Rosalía de Castro, 36, baixo

adahpo.org ↗
Osteópatas sen Fronteiras

Osteopatía de balde para persoas sen recursos.

Rúa Benito Corbal, 16, baixo

osfron.org ↗

Os enderezos e horarios cambian: antes de ir, confirma por teléfono ou na súa web. Non son a PAH nin falamos en nome delas. Coñeces outra entidade que debería estar aquí, ou algún dato está mal? Avísanos.

Para colectivos que loitan pola vivenda, mira a Rede pola vivenda.

WhatsApp