Buscar

mes

abril 2017

KIT RDL 5/2017 Moratoria e Aluguer Social

Acábase de aprobar o Real Decreto 5/2017 que modifica o Real Decreto 6/2012 (Coñecido como Código de Boas Practicas) e a Lei 1/2013 que decretou unha tímida moratoria de 2 anos para algúns casos de desafiuzamento.

Aínda que se anuncian como medidas urxentes para reforzar a protección dos debedores hipotecarios, as modificacións teñen un alcance limitado e cosmético, para a galería, pois non soluciona as carencias das versións anteriores e non aborda a situación actual de miles de persoas en emerxencia habitacional.

A principal novidade é que este Real Decreto amplía os supostos de especial vulnerabilidade para a moratoria, a todas as familias con menores de 18 anos, independentemente do número ou idade, cuestión que dende a PAH xa denunciaramos mediante o recurso de inconstitucionalidade que expomos contra a Lei 1/2013.

Con todo, aínda que se teña unha situación “vulnerable”, mantense o requisito “económico”, que obriga a demostrar que o esforzo no pago da hipoteca incrementouse no últimos catro anos. Concretamente o artigo 1.3.b que di: “Que, nos catro anos anteriores ao momento da solicitude, a unidade familiar ha de sufrir unha alteración significativa das súas circunstancias económicas” e compleméntao co punto 4 do mesmo artigo cando di: “A efectos do previsto neste artigo entenderase: Que se produciu unha alteración significativa das circunstancias económicas cando o esforzo que represente a carga hipotecaria sobre a Renda familiar multiplicado por 1.5”.

Este requisito “económico” non ten en conta a cronificación da situación da pobreza que foi facendo imposible o pago das cotas por dificultade acumulada tras varios anos de redución de ingresos, aínda que a cota mantívose máis ou menos estable.
É habitual caer en falta de pagamento de hipoteca por esgotamento no esforzo económico tras varios anos obtendo ingresos irregulares de aquí e de alá, con independencia da cota.

Cando se redactaron as moratorias orixinais, anos 2012 e 2013, este criterio podía ter certo sentido, pero entón as situacións de vulnerabilidade contempladas eran máis restritivas e, por tanto, tampouco eran medidas reais e efectivas para a maioría das familias afectadas. Por iso, a medida chega tarde e mal, xa que miles de familias que se puideron beneficiar desde o ano 2013 ata agora, xa non teñen opción, e hoxe en día, moitas delas viven pendentes de desafiuzamentos de aluguer.

Outro aspecto que contempla a Lei é un aluguer para as mesmas familias que teñen dereito á moratoria. A familia deberá afrontar, se quere acceder a iso, o pago da taxación da súa vivenda a fin de calcular o prezo da cota de aluguer, que será dun máximo do 3% anual do valor actual da vivenda, pero non regula nin limita estes alugueres en función da situación social e económica das familias que se poderían beneficiar. En conclusión, a medida establece un impedimento á vez que obriga a pagar a taxación que pode custar uns 400 euros ou máis, e deixa en mans das entidades financeiras o feito que sexa ou non unha medida efectiva para as familias que poidan pagar a taxación.

Este aluguer establecerase por cinco anos (o anterior era só por tres) o que parece un incentivo para que as persoas con moratoria non esgoten o prazo total ata maio de 2020, aínda que teñan dereito a iso.

Achegámosvos os documentos útiles para o seu respectivo uso:

  1.  SOLICITUD MORATORIA 2017
  2.  SOLICITUD ALQUILER SOCIAL CBP 2017
  3.  Escrito suspension lanzamiento EH 2017-SIN ABOGADO
  4.  Escrito suspension lanzamiento EH 2017-CON ABOGADO
  5.  Cuadro comparativo de las normas, en tres ámbitos de interés(coas reformas en amarelo e as principais modificacións en verde):
    – Ámbito de aplicación da situación de vulnerabilidade.
    – Novo prórroga de prazo de suspensión de lanzamentos (ata o 15 de maio de 2020).
    – Mecanismos de aluguer (sobre inmobles obxecto de lanzamento + suspensión).
Entrada destacada

Asamblea 22 de Abril de 2017

La Plataforma de Afectados por la Hipoteca de Pontevedra es un lugar de encuentro de personas afectadas por las hipotecas, alquiler o por la imposibilidad de acceder a una vivienda digna, así como de personas solidarias. Es una asociación ciudadana, de lucha, solidaria y sin subvenciones públicas, gratuita y nadie cobra por colaborar en ella.

Somos personas que nos hemos unido para hacer frente a una situación injusta, víctimas de una estafa hipotecaria que sólo está sufriendo la ciudadanía, mientras los bancos son rescatados con dinero público.

Somos un movimiento ACTIVISTA, ASAMBLEARIO, donde la participación es VOLUNTARIA y la organización y asesoramiento, COLECTIVO y GRATUITO.

Sómos apartidistas, escapamos de toda ideología política que no sea social y por el derecho a la vivienda.
El empoderamiento y el trabajo colectivo de cada miembro es la base de la plataforma, los roles son rotatorios y escapamos de cualquier actitud clientelar, paternalista e individualista.
No somos ASISTENCIALISTAS

Blog de WordPress.com.

Subir ↑